martes, 28 de maio de 2019

ELEXIMOS O LUGAR


 Eleximos o lugar da ópera e vai ser un CIRCO NO CEO e vaise chamar CIRCO DIAMANTE. Vai ser moi divertido.😃😃😃😃


RRPP

ESTRUCTURA DRAMÁTICA

Os músicos e os intérpretes están facendo a estrutura dramática e xa temos a primeira escena e unha canción. Estalles quedando moi bonita.😋😋😋  VAIVOS  ENCANTAR❤❤❤
   
RRPP

PEDRA DA CONCENTRACIÓN



A pedra da concentración é un xogo que consiste en poñer a pedra na mán; un compañeiro ten que pasar por diante nosa e facelo rir con mímica e nós non podemos desviar a mirada da pedra.😜

RRPP























luns, 27 de maio de 2019

VISITA AO TEATRO




O martes 29 de xaneiro fumos visitar o TEATRO PASTOR DÍAZ. Foi unha experiencia moi divertida. Lara Noriega, Concelleira de Cultura e profesional do teatro que nos axuda no noso proxecto, ensinounos moitas cousas, como que o teatro tiña 100 anos, e antes de que se incendiara, o teatro era un cine.

RRPP

PROFESIÓNS

Ola!

Hoxe imos dicir o nome de cada profesión cós seus profesionais.

DIRECTORA Elisa😄
REXEDORA Icía😎
RR.PP Valeria e Irene Fanego😉                                                  
ESCRITORAS Zoe e Noelia 😘                
INTÉRPRETES Juan,Noa,Irene Fernández e Xavi😆
ELECTRICISTAS Antía e Adrián😋
COMPOSITORES Mireia,David,Izan e Naiara😙
VESTIARIO E MAQUILLAXE Paula e Xoel 😍
ESCENÓGRAFOS Ian e Lucas 😛


 RRPP

ALFOMBRA MÁXICA


Fixemos un xogo que se chama  ALFOMBRA MÁXICA que consiste en que todos temos que meternos dentro de unha tela e temos que intentar darlle a volta. A verdade é que este reto é moi difícil.😋

RRPP





INTERCAMBIO COA COMPAÑÍA DE CARIÑO

O martes 15 de xaneiro a Compañía de Cariño invitounos a facer un intercambio de ópera... e nós aceptamos !😃😃😃